Home

Este sabado  9 de xaneiro de 2016 clausurarase a exposición 40 anos do FOGA, unha mostar inaugurada o 3 de decembro  do 2015 no Colexio de Fonseca coa presentación do Alcalde de Santiago de Compostela, a vicerectora de Cultura da USC,  unha representación dos artistas e a comisaria da mostra. A inauguración asistiron máis de 100 personas.

OFOGA (Fato Ounirista Galego) dáse a coñecer coa súa primeira exposición o 7 de febreiro de  1975, na Escola de Artes, Mestre Mateo, de Santiago de Compostela.Integran este primeiro grupo: Yayo, Kukas y J. Méndez e o seu obxectivo é a difusión da arte no
convencional por toda Galicia. Ingresan deseguida no grupo; Anselmo Lamela e Luis Fega cos que expoñerán en Cedeira, pouco despois únense Doro e J. Garcia expoñendo de forma conxunta o 11 de xuño do mesmo ano na sala de exposicións de ANUE en Santiago. Aquí aparece un formato de obra colectiva, unha soa peza tridimensional é elaborada por tódolos compoñentes na mesma sala de exposicións, outra novidade reside nos títulos, nos que, algún escolle poemas, outros frases de
libros, e incluso deseños transferidos de revistas.Trala mostra de Vilaxoán (setembro -75) xuntaranse outros artistas como Francisco Leiro, Lino Silva e Seara, decídese entón manter unha mensaxe menos “onírica” por no coincidir o surrealismo co estilo de cada un e faise mais fincapé na individualidade ligada ó grupo e que sobre todo  pretende a unión entre tódalas manifestacións da arte, así figuran outras  personalidades, xa dende o principio, como Manuel Hermida (cantautor), ou Gabriel del Castillo, (dramaturgo) ao que hai que engadir o carácter polifacético dalgúns dos seus integrantes que acabaría cristalizando na
mostra do Colectivo Tornillo a finais de 1982 no Modus Vivendi de Santiago, para a que se interveu todo o espazo, dende as mesas que imitaban paquetes postais personalizados por cada artista ata o teito no que se realizaron composicións abstractas. Incorpóranse a este evento Rosalía Pazo, María Coira, Isabel Rei, Dolores Seoane, Antonio Nodar. Entre as actividades expositivas incluíanse sesións de mimo, recitais poéticos, musicais e performances interactivas nas que se executaban obras que eran despois entregadas ó público.

Comisariado: Cristina Carballedo Penelas
Deseño e montaxe: ESCENOSET
Colaboradores: USC. ESCENOSET
Agradecementos: Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo. Pepe Rumbo. Laura Ponte.
Agustín. Alvaro Braña.
Máis información no blog:   fatoounirismo fatoounirismofoga.wordpress.com

Relación en los medios:

Los eventos

La Ventana del ArteFOGA

Santiago Turismo

Diario Compostela

CRTVG

Entrevistas en Zig Zag. CRTVG

Xornal USC

Arteinformado

Vive GAL

La Voz de Galicia

Que hacer en Santiago

Articulos

Xurxo Fernandez

The Art Boulevard

Periodico local

Es Radio Galicia

Eventos

FOGA

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia. ClausuraEs Radio Galicia

Radio Voz

Presencia diaria en las redes sociales:

Twitter: @CristinaSumarte
Google +
Moitas gracias a todos.

Reunión 14 de abril


Cristina Carballedo Penelas

Coordinadora de exposiciones .Historiadora del Arte
Teléfono:
630 28 59 20

Linkedin: http://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/806

Miembro colegiado de la SEHAG. Colegio oficial de Doctores y Licenciados en Filosofia y Letras y en Ciencias de Galicia

 

 

Deja un comentario