Home

Durante este verano 2022 tuvieron lugar las siguientes exposiciones

O venres 10 de xuño as 12  horas  tivo lugar a inauguración da exposición. Pambre.  Arca de pedra no Castelo de Pambre. Unha mostra coordinada por Braulio Vilariño do Instituto de Estudos Ulloans e comisariada por Cristina Carballedo. Pode visitarse ata o 31 de agosto no Castelo de Pambre.

Pambre, A Arca de pedra é un proxecto expositivo integrado por artistas profesionais, no que o fío conductor é a figura animal posta en relación co pasado do Castelo de Pambre, Ben de interes cultural, e que representa un dos mellores exemplos de arquitectura militar do medievo galego, sendo o único castelo galego que se mantuvo en pe tras a Revolta Irmadiña. Desde a súa construcción o Castelo tivo diferentes roles como : centro de custodia de Camiño de Santiago, lugar de cobro de impostos e centro de explotación agrícola. E precisamente esta etapa na que a explotación agropecuaria, nesta rica zona da Ulloa, foi a especial actividad do Castelo de Pambre, a que marca o contexto desta mostra.

Desde a antigüidade, son numerosos os exemplos da representación da imaxe animal na  historia da arte Representacións todas elas, que nos permiten reflexionar sobre a relación do home coa natureza. É así como os artistas referenciados afrontan na súa traxectoria o mundo animal desde distintas disciplinas e perspectivas : A escultura de Alvaro de la Vega, Camilo Seira, Xoan Vila, Oscar Aldonza, Alberto Gulias e Paulo Neves; a pintura de Adolfina Mesa, Julio Sanjurjo, Correa Corrredoira, Seara, Jorge Espiral, Xer Refojo, Miguel Anxo Macia, Peña Romay, Andres. G. Shuttleworth e a fotografia de Edu Valiña, Xose Reigosa e Peter Schneider.

Salientamos, por tanto, nesta exposición a paisaxe agraria polo que significa como valor identitario da sociedade, como memoria viva do pasado e como un elemento patrimonial importante para a historia da comarca de Ulloa e de Galicia E por esto como a intervención nestes espacios, dos artistas en calquera das súas manifestacions pero aínda máis cando se trata de representacións plásticas e literarias, é determinante para reinivindicalo como paisaxe cultural.

O noso agradecemento o Concello de Palas de Rei e o Instituto de Estudos Ulloans por permitirnos presentar esta exposición, onde o contenedor cultural e o contido son un todo, nun proxecto no que se pon en valor o pasado e presente deste espazo a través das distintas lecturas da figura animal no panorama artístico contemporáneo galego

» O mar no Camiño»  en la Sala Carlos III del Museo de la Construcción Naval en Ferrol, 30 de junio- 31 de agosto.  Un proyecto especifico en el que a través de las obras de artistas gallegos se destaca la importancia del Mar en el Camino de Santiago.  El acto de inauguración el miércoles 22 de junio contó  con la presentación  del gerente de la Fundación Exponav D.Rafael Suarez, la comisaría de la exposición Cristina Carballedo y con la presencia de los artistas.Esta muestra, visitada desde la inauguración por más de 6000 personas puede visitarse hasta el 31 de agosto. «Camiño»  en la Sala Carlos III del Museo de la Construcción Naval en Ferrol, será la última visita guiada a la exposición  que permanecerá abierta hasta el 31 de agosto.  Un proyecto especifico en el que a través de las obras de artistas gallegos se destaca la importancia del Mar en el Camino de Santiago.  El acto de inauguración el miércoles 22 de junio contó  con la presentación  del gerente de la Fundación Exponav D.Rafael Suarez, la comisaría de la exposición Cristina Carballedo y con la presencia de los artistas.Esta muestra, visitada desde la inauguración por más de 6000 personas puede visitarse hasta el 31 de agosto. 

Comenzando por la  Traslatio, el traslado  en el siglo I D.C del cuerpo de Santiago  por vía martima desde Jaffa, Jerusalen, el mar  ha tenido un papel importante en la historia  del descubrimiento del cuerpo del Apostol en el siglo IX D.C, hecho a partir del cúal se inician las rutas del peregrinación a la tumba de Santiago.  Con esta exposición se  pone en relieve estos caminos de peregrinación maritimos en  un espacio, El Museo de la Construcción Naval,  que por su temática se integra dentro del proyecto.Un museo ubicado en el edificio Herrerias en el denominado Arsenal de los Diques, zona del Arsenal ferrolano que fue diseñada por Julián Sánchez Bort en 1765. En septiembre de 1781 el Rey Carlos III aprueba el diseño y construcción  de este edificio que fue concebido como unas herrerías para la Armada.» O mar no Camiño »  es una muestra interdisciplinar en la que  descubriremos con las representaciones de los artistas: el milagro de Cisa con la obra de Marta Pardo de Vera, a Maruxia de Antón Sobral, el camino a Finisterre  de Montse Pernas, los peregrinos del mar de Carlos Barcón, las peregrinas  personalizadas de Alvaro de la Vega, el símbolo del camino de Corín Cervera, el paseo por Pontedeume  de Carmen Soto, el puerto de Curuxeiras ( punto de partida del Camino Inglés) con la obra de  Rafael Romero, Fer Patiño y Roberto Marín, los astilleros de Neda  y la leyenda de Froilaz con Pedro Castro, o Maro do Hipocampo de Correa  Corredoira, la Torre de Hercules y Faro Vilano de Novais, el puerto y castillo de Julio Sanjurjo, los barcos de Novais, el descanso del peregrino de Maria José Leira, el velero y la ría de Muros y Noia de Pedro Rascado, Montelouro de Xabier Carrasco;  la fuerza el mar en la obra de Javier Garaizabal, Lomarti, Manuel Carballeira y Joaquin García Gesto, el atardecer en el mar de Pedro García Losada , la transformación al final del Camino con Rebeca Novo, » English way, land of Brigantia» de Veiras Manteiga, el descanso de la peregrina de Violeta Bernardo, el peregrino medieval de Tino Canicoba y Xoan Vila, el camino de Marcos López, y los paisajes ferrolanos de   Manuel Amor,Adriano Paz y Lupe Silva.

cartel bacabu (2).jpg

O grupo Bacabú presenta, por vez primeira en  A Coruña  na Casa Museo Casares Quiroga  unha coidada escolma de obras  na que o público terá a oportunidade de coñecer a cinco artistas lucenses: Bordell,Santiago Catalán, Jorge Espiral, Honorio e Xermán Refojo que, cunha dilatada   traxectoria, deciden fundar unha sala de Exposicións no centro de Lugo no ano 1998 ena que, ate o ano 2002, expuxo o máis representativo da arte galega contemporánea. Ao longo deses anos, estes artistas amosaron o seu traballo neste espazo, tanto de maneira  individual coma colectiva, empezando deste xeito unha traxectoria como grupo marcada  pola fonda amizade entre eles e baixo a denominación de Bacabú.

Esta mostra que se inaugurou o xoves 4 de agosto as 19:00 horas podrá visitarse na Casa museo Casares Quiroga ata o 4  de setembro.Esta.mostra està comisariada por Cristina Carballedo

Bordell destaca por un estilo definido e apaixonado e chega ao mundo artístico dende o   espazo do cómic e da interpretación, coa realización de performances e personaxes en
diferentes películas. Participa en numerosas revistas como Atlántico ou Con todo Lugo  de detalles. Instálase un tempo en Nova Iorque e volta a Lugo para desenvolver
numerosos proxectos, tanto individuais coma colectivos.
Santiago Catalán é creador dunha elegante iconografía propia na que se integran as súas  facetas de arquitecto, debuxante e pintor que combina dende o ano 1978. Dende esta data ten protagonizado Exposicións individuais e colectivas en lugares como a sala  COAM de Madrid, o Kiosco Alfonso da Coruña, o Museo Provincial de Lugo ou o  Salón internacional de outono de Xapón.
Jorge Espiral entra no mundo artístico tendo como mestre ao pintor lucense Blas  Loures. Realiza a súa primeira exposición no ano 1988 na Deputación de Lugo. Dende  ese momento, os seus traballos teñen viaxado a lugares como Madrid, Sevilla ou  México. Tamén é salientable o seu traballo de ilustrador para diferentes publicacións e
actividades como a autoría do cartel da Semana de Cine de Autor de Lugo, entre outros.
Honorio exprésase cunha escultura principalmente figurativa, procedendo a unha certa  deconstrución do corpo humano. Son numerosas as sús exposicións en Galicia e
Portugal, lugares aos que leva obras realizadas maioritariamente en xeso especial para.
Xermán Refojo, un artista figurativo coñecedor de numerosas técnicas que traslada ás  súas obras, onde mistura unha visión pop da existencia cunha reflexión irónica. É tamén
un artista cunha fonda traxectoria expositiva en Galicia e Portugal e na que, coincidindo  cos surrealistas, o título dos seus traballos e a composición intégranse nun todo.

Ao longo destes mes de agosto  poderemos contemplar e gozar da obra destes cinco  artistas que se definen a si mesmos como artistas que nadan a cotracorrente, apostando
pola creación manual na plástica e na escultura. Todos eles empezan na década dos 90  con traballos de banda deseñada, para participar posteriormente en exposicións
colectivas en numerosos lugares; salientando a gran exposición retrospectiva do ano  2014 no Cículo das Artes de Lugo a exposición no Museo provincial de Lugo, no espacio irxe da Cerca en Santiago de Compostela, na Capela da Madanela en Arzúa e no Centro Cultural Marcos Valcarce en Ourense.

Invitación  actual  Bo camiño 2022.png





O martes 2 de agosto de 2022 tivo lugar a inauguración da exposición. Bo camiño, sexta edición na Capela da Madanela en Arzúa.Un proxecto expositivo comisariado por Cristina Carballedo Penelas que se realiza dentro da programación de veran do departamento de cultura do Concello de Arzúa  Nesta exposición   participan  28 artistas galegos que representan nas súas obras en diferentes disciplinas os diferentes aspectos do Camiño de Santiago: a espiritualidade, o patrimonio  ou a paisaxe, nun espacio : A Capela da Madanela de Arzúa que forma parte da historia do Camiño de Santiago, pois foi fundada como convento Agustino  en pleno camino frances no seculo XIV.   O acto de inauguración foi  presentado pola concelleira de Cultura do Concello de Arzúa, coa asistencia dos artistas participantes na exposición.( adxuntamos imaxe)



O camiño portugues de Antonio Abad, o pe do Home Viator de Isabel Alonso,os zapatos do camiñante de Toño de López, os camiños por vía maritima de Maica Alonso, Antón Sobral, Pedro Rascado; a chegada a Santiago de Violeta Bernardo, a iconogafía medieval de Pedro Castro, as referencias os clásicos de Xesús Mendez, as peregrinas e peregrinos de Tino Canicoba, Abel Barandela, Mariano de Souza, Mariá José Leira, Margot  Garcia Liñeira, Novais, Maria José Plata. Arzúa na obra de Rebeca Novo, Mila Vázquez, Laureano Vidal, Xoan Vila e  Silvatiica, Campus Stellae de Marcos López, Camiño fondo de Lomarti, as rúas de Santiago de Miguel Anxo Macia e Peña Romay,  a madeira de Camilo Seira, os simbolos xacobeos na obra de Adolfina Mesa e o Apostol de Fernando Yáñez. Todas elas obras nas que o Camiño de Santiago é o fio conductor dunha mostra que na súa sexta edición, podrá visitarse na Capela da Madanela de Arzúa de martes a sábados de 19:00 a 21:00 horas.
Arte na Rua 2022.png
Despois do exito da sexta edicion da exposición Bo camiño, que recibiu no mes de agosto 3700  visitantes, este  venres venres 9 de setembro de 2022 terá  lugar a quinta edición Arte na Rúa  no entorno da Capela da Madanela. Unha actividade  na que artistas profesionais de distintos puntos de Galicia,  traballaran obras en directo nas que Arzúa e o Camiño de Santiago e o fío conductor. O resultado deste traballo  podrá verse de luns  venres ata o 16 de setembro nunha exposición que se inaugurará  o venres 9 de setembro as 19:00  horas  na Capela da Madanela en Arzúa, un espacio senlleiro no Camiño de Santiago, fundada polos Agustinos no seculo XIV  e xestionada polo Concello de Arzúa desde os anos 90, para usus culturais. Esta actividade  realizase  dentro da programación de verán do Concello de Arzúa,  e está comisariada por Cristina Carballedo.

Cristina Carballedo Penelas
Coordinadora de exposiciones y proyectos culturales
Historiadora del Arte. ( Licenciada en Geografía e Historia)
Experto universitario en Interpretación y gestión de paisajes culturales para el Turismo y el desarrollo local
Guía de turismo especializado de Galicia ( Castellano, gallego, italiano)
Teléfono:
630 28 59 20

Página web: www.sumarte.net
Twitter: @CristinaSumarte
Facebook:https://www.facebook.com/SumarteProyectoExpositivo
Instagram:CristnaSumarte
Linkedin: http://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/806
Miembro colegiado  y personal de la directiva de la SEHAG. Colegio oficial de Doctores y Licenciados en Filosofia y Letras y en Ciencias de Galicia

Socia de Proturga ( Asociación de profesionais de Turismo )
Publicado en: BienvenidaComentarios desactivados en Exposiciones Verano 2022. Pambre, Arca de pedra. Castelo de Pambre/ O mar no camiño. Fundación Exponav. Ferrol/ Sexta edición Bo camiño. Capela da Madanela.Arzúa/ Bacabú. Casa Museo Casares Quiroga. A Coruña/ Quinta edición Arte na Rúa. Arzúa.