Este sabado 9 de xaneiro de 2016 clausurarase a exposición 40 anos do FOGA, unha mostar inaugurada o 3 de decembro do 2015 no Colexio de Fonseca coa presentación do Alcalde de Santiago de Compostela, a vicerectora de Cultura da USC, unha representación dos artistas e a comisaria da mostra. A inauguración asistiron máis de 100 personas.
OFOGA (Fato Ounirista Galego) dáse a coñecer coa súa primeira exposición o 7 de febreiro de 1975, na Escola de Artes, Mestre Mateo, de Santiago de Compostela.Integran este primeiro grupo: Yayo, Kukas y J. Méndez e o seu obxectivo é a difusión da arte no
convencional por toda Galicia. Ingresan deseguida no grupo; Anselmo Lamela e Luis Fega cos que expoñerán en Cedeira, pouco despois únense Doro e J. Garcia expoñendo de forma conxunta o 11 de xuño do mesmo ano na sala de exposicións de ANUE en Santiago. Aquí aparece un formato de obra colectiva, unha soa peza tridimensional é elaborada por tódolos compoñentes na mesma sala de exposicións, outra novidade reside nos títulos, nos que, algún escolle poemas, outros frases de
libros, e incluso deseños transferidos de revistas.Trala mostra de Vilaxoán (setembro -75) xuntaranse outros artistas como Francisco Leiro, Lino Silva e Seara, decídese entón manter unha mensaxe menos “onírica” por no coincidir o surrealismo co estilo de cada un e faise mais fincapé na individualidade ligada ó grupo e que sobre todo pretende a unión entre tódalas manifestacións da arte, así figuran outras personalidades, xa dende o principio, como Manuel Hermida (cantautor), ou Gabriel del Castillo, (dramaturgo) ao que hai que engadir o carácter polifacético dalgúns dos seus integrantes que acabaría cristalizando na
mostra do Colectivo Tornillo a finais de 1982 no Modus Vivendi de Santiago, para a que se interveu todo o espazo, dende as mesas que imitaban paquetes postais personalizados por cada artista ata o teito no que se realizaron composicións abstractas. Incorpóranse a este evento Rosalía Pazo, María Coira, Isabel Rei, Dolores Seoane, Antonio Nodar. Entre as actividades expositivas incluíanse sesións de mimo, recitais poéticos, musicais e performances interactivas nas que se executaban obras que eran despois entregadas ó público.
Comisariado: Cristina Carballedo Penelas
Deseño e montaxe: ESCENOSET
Colaboradores: USC. ESCENOSET
Agradecementos: Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo. Pepe Rumbo. Laura Ponte.
Agustín. Alvaro Braña.
Máis información no blog: fatoounirismofoga.wordpress.com