Home

O venres 10 de xuño as 12  horas  terá lugar a inauguración da exposición. Pambre.  Arca de pedra no Castelo de Pambre. Unha mostra coordinada por Braulio Vilariño do Insitituto de Estudos Ulloans e comisariada por Cristina Carballedo.

Pambre, A Arca de pedra é un proxecto expositivo integrado por artistas profesionais, no que o fío conductor é a figura animal posta en relación co pasado do Castelo de Pambre, Ben de interes cultural, e que representa un dos mellores exemplos de arquitectura militar do medievo galego, sendo o único castelo galego que se mantuvo en pe tras a Revolta Irmadiña. Desde a súa construcción o Castelo tivo diferentes roles como : centro de custodia de Camiño de Santiago, lugar de cobro de impostos e centro de explotación agrícola. E precisamente esta etapa na que a explotación agropecuaria, nesta rica zona da Ulloa, foi a especial actividad do Castelo de Pambre, a que marca o contexto desta mostra.

Desde a antigüidade, son numerosos os exemplos da representación da imaxe animal na  historia da arte Representacións todas elas, que nos permiten reflexionar sobre a relación do home coa natureza. É así como os artistas referenciados afrontan na súa traxectoria o mundo animal desde distintas disciplinas e perspectivas : A escultura de Alvaro de la Vega, Camilo Seira, Xoan Vila, Oscar Aldonza, Alberto Gulias e Paulo Neves; a pintura de Adolfina Mesa, Julio Sanjurjo, Correa Corrredoira, Seara, Jorge Espiral, Xer Refojo, Miguel Anxo Macia, Peña Romay, Andres. G. Shuttleworth e a fotografia de Edu Valiña, Xose Reigosa e Peter Schneider.


Salientamos, por tanto, nesta exposición a paisaxe agraria polo que significa como valor identitario da sociedade, como memoria viva do pasado e como un elemento patrimonial importante para a historia da comarca de Ulloa e de Galicia E por esto como a intervención nestes espacios, dos artistas en calquera das súas manifestacions pero aínda máis cando se trata de representacións plásticas e literarias, é determinante para reinivindicalo como paisaxe cultural.

O noso agradecemento o Concello de Palas de Rei e o Instituto de Estudos Ulloans por permitirnos presentar esta exposición, onde o contenedor cultural e o contido son un todo, nun proxecto no que se pon en valor o pasado e presente deste espazo a través das distintas lecturas da figura animal no panorama artístico contemporáneo galego

Jorge Espiral

Peña Romay

Correa Corredoira

Lomarti

Andres G.