Home

Com motivo da conmemoración do Día das,Letras Galegas, dedicado a Carvalho Calero, a Fundación Exponav en colaboración con Cristina Carballedo organizan, o sábado 31 de outubro, un maratón de lectura como homenaxe a unha das figuras máis importantes da Cultura Galega do siglo XX .Este año 2020 de forma excepcional debido a actual situación sanitaria, o Día das Letras Galegas celebrarase o sábado 31 de outubro, cando se cumpre o 120 aniversario do nacemento deste gran escritor, historiador de literatura, crítico e filólogo nado na cidade de Ferrol. Ese sábado terá lugar na Fundación Exponav en Ferrol un maratón de lectura, no que os asistentes lerán textos de poesia, teatro, ensaio ou narrativa do prolifico traballo de Ricardo Carvalho Calero.

O día 31 de outubro en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19 :00 horas na sala Carlos III da Fundación Exponav en Ferrol, os asistentes ao maratón de lectura, previa inscrición, lerán un dos libros elixidos por eles para homenaxear ao protagonista este ano do Día das Letras Galegas.

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse enviando nome completo, número de teléfono e libro elixido ao correo : cristina.carballedo@gmail.com ou chamando ao 630 28 59 20. Debido as condicions actuais derivadas da pandemia do COVID19 o aforo está limitado polo que é preciso a confirmación da asistencia e levar o seu propio material de lectura,máscara e respectar a distancia de seguridade nun aforo que nin superará os 10 asistentes por grupo.

Agardamos que esta iniciativa sexa do seu interese e se animen a participar nesta celebración.

Moitas gracias pola súa atención.

Reciban un cordial saúdo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s