O martes 6 de xullo de 2019 as 19 horas terá lugar a inauguración da exposición: Bo camiño, unha interpretación do Camiño de Santiago por artistas galegos. na Capela da Madanela en Arzúa. Na inauguración contaremos coa colaboración de ALBERTERIBEIRO. Esta exposición se realiza dentro das actividades de verán do departamento de cultura do Concello de Arzúa.
A Capela da Madanela foi a igrexa dun antigo mosteiro de frades agostiños, fundado no século XIV. A finais do XVII a comunidade foise para Santiago de Compostela, quedando abandonado o mosteiro de Arzúa, do que actualmente non se conserva nada. A capela, sen embargo, continuou aberta ao culto baixo a xurisdición do mosteiro de Compostela, deixando de depender deste coa desamortización de Mendizábal. Desde fai anos ten uso cultural.
Durante o mes de agosto podremos ver nesta exposición nun lugar en pleno Camiño de Santiago, obras de artistas galegos que coa súa obra danos a súa interpretación do Camiño de Santiago a través da representación escultórica de Santiago por Oscar Aldonza, a paisaxe de Isabel Alonso e Laureano Vidal , a representación da catedral na pintura o viño de Abel Barandela, as esculturas de peregrinas de Violeta Bernardo e Margot Garcia Liñeira, a representación do peregrino de Tino Canicoba , Luis de las Cuevas, Tesedeiro, Antonio Souto e Adolfina Mesa, a chegada os peregrinos o Obradoiro de Miguel Anxo Macia, os tellados de Santiago de Peña Romay, as ruas de Compostela por Manolo Rivera, o mar de Fisterra de Antón Sobral, a estación de Mila Vázquez, Santa Cecilia de Novais, San Juan Evangelista de Fernando Yáñez, a obra onírica de Otero Yglesias , Lomarti e Rebeca Novo, a fotografía de Jesús Montero e a escultura homenaxe a amistade no camiño de Xoan Vila.
Cristina Carballedo Penelas
Comisaria
Esperamos contar con su asistencia
Muchas gracias por su atención
Reciban un cordial saludo

Cristina Carballedo Penelas
Coordinadora de exposiciones y proyectos culturales
Historiadora del Arte. ( Licenciada en Geografía e Historia)
Experto universitario en Interpretación y gestión de paisajes culturales para el Turismo y el desarrollo local
Guía de turismo especializado de Galicia ( Castellano, gallego, italiano)
Teléfono: 630 28 59 20
Página web: www.sumarte.net
Twitter: @CristinaSumarte
Instagram:CristnaSumarte
Linkedin: http://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/806
Miembro colegiado y personal de la directiva de la SEHAG. Colegio oficial de Doctores y Licenciados en Filosofia y Letras y en Ciencias de Galicia
Socia de Proturga ( Asociación de profesionais de Turismo )