Home

BACABU (2)

 

O xoves  6 de xuño, as 20 horas,  terá lugar a inauguración da exposición: Bacabú, Quique Bordell, Santiago Catalán, Jorge Espiral, Honorio, Xermán Refojo no Centro Cultural Marcos Valcarce. Na inauguración contaremos coa colaboración de AlberteRibeiro.

BACABÚ

O grupo Bacabú presenta, por vez primeira en Ourense, unha coidada escolma de obras na que o público terá a oportunidade de coñecer a cinco artistas lucenses: Bordell, Santiago Catalán, Jorge Espiral, Honorio e Xermán Refojo que, cunha dilatada traxectoria, deciden fundar unha sala de Exposicións no centro de Lugo no ano 1998 e na que, ate o ano 2002, expuxo o máis representativo da arte galega contemporánea. Ao longo deses anos, estes artistas amosaron o seu traballo neste espazo, tanto de maneira individual coma colectiva, empezando deste xeito unha traxectoria como grupo marcada pola fonda amizade entre eles e baixo a denominación de Bacabú.

Bordell destaca por un estilo definido e apaixonado e chega ao mundo artístico dende o espazo do cómic e da interpretación, coa realización de performances e personaxes en diferentes películas. Participa en numerosas revistas como Atlántico ou Con todo Lugo de detalles. Instálase un tempo en Nova Iorque e volta a Lugo para desenvolver numerosos proxectos, tanto individuais coma colectivos.

Santiago Catalán é creador dunha elegante iconografía propia na que se integran as súas facetas de arquitecto, debuxante e pintor que combina dende o ano 1978. Dende esta data ten protagonizado Exposicións individuais e colectivas en lugares como a sala COAM de Madrid, o Kiosco Alfonso da Coruña, o Museo Provincial de Lugo ou o Salón internacional de outono de Xapón.

Jorge Espiral entra no mundo artístico tendo como mestre ao pintor lucense Blas Loures. Realiza a súa primeira exposición no ano 1988 na Deputación de Lugo. Dende ese momento, os seus traballos teñen viaxado a lugares como Madrid, Sevilla ou México. Tamén é salientable o seu traballo de ilustrador para diferentes publicacións e actividades como a autoría do cartel da Semana de Cine de Autor de Lugo, entre outros.

Honorio exprésase cunha escultura principalmente figurativa, procedendo a unha certa deconstrución do corpo humano. Son numerosas as sús exposicións en Galicia e Portugal, lugares aos que leva obras realizadas maioritariamente en xeso especial para escultura. Nesta exposición presenta obras da súa primeira época, en concreto da serie Bañistas, moi representativa na súa traxectoria.

Xermán Refojo, un artista figurativo coñecedor de numerosas técnicas que traslada ás súas obras, onde mistura unha visión pop da existencia cunha reflexión irónica. É tamén un artista cunha fonda traxectoria expositiva en Galicia e Portugal e na que, coincidindo cos surrealistas, o título dos seus traballos e a composición intégranse nun todo.

Ao longo destes meses de verán poderemos contemplar e gozar da obra destes cinco artistas que se definen a si mesmos como artistas que nadan a cotracorrente, apostando pola creación manual na plástica e na escultura. Todos eles empezan na década dos 90 con traballos de banda deseñada, para participar posteriormente en exposicións colectivas en numerosos lugares; salientando a gran exposición retrospectiva do ano 2014 no Cículo das Artes de Lugo.

De maneira paralela a esta traxectoria expositiva, tamén participan en proxectos comúns como a edición dunha carpeta de obra gráfica ou o do pasado ano 2018, no que deseñaron as botellas do xornal El Progreso para conmemorar o seu centenario.

É todo un pracer, profesional e perosal, presentar esta nova mostra de Bacabú que podemos ver por vez primeira na cidade das Burgas e na que teremos a oportunidade de coñecer dunha maneira máis próxima a estes cinco artistas singulares que, a través de estilos e iconografías propias, son un referente na plástica galega dos últimos anos.

Cristina Carballedo Penelas

Coordinadora da exposición Bacabú

Esperamos contar coa  súa asistencia.

Moitas gracias pola súa atención.

Reciban un cordial saúdo

 

Mo


Cristina Carballedo Penelas
Coordinadora de exposiciones y proyectos culturales
Historiadora del Arte. ( Licenciada en Geografía e Historia)
Experto universitario en Interpretación y gestión de paisajes culturales para el Turismo y el desarrollo local
Guía de turismo especializado de Galicia ( Castellano, gallego, italiano)
Teléfono:
630 28 59 20

Página web: www.sumarte.net

Twitter: @CristinaSumarte
Instagram:CristnaSumarte

Linkedin: http://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/806

Miembro colegiado  y personal de la directiva de la SEHAG. Colegio oficial de Doctores y Licenciados en Filosofia y Letras y en Ciencias de Galicia
Socia de Proturga ( Asociación de profesionais de Turismo )
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s