O venres 12 de abril terá lugar as 19: 30 horas a inauguración da exposición: Arte Relixiosa Contemporánea na Capela da Madanela de Arzúa. A exposición pode visitarse os días: sábado 13 de abril, luns 15 de abril, martes 16 de abril, mercores 17 de abril, sábado 20 de abril de 17:30 a 20:30 horas. Todos os días de apertura terán lugar visitas guiadas de balde a exposición en horario de 18:00 e 19:30 horas.
Esta mostra presentouse na Semana Santa de Ferrol 2018 no Museo da construcción naval en , o máis imporante museo desta temática de España, e posteriormente en verano dese mesmo ano no espacio cultural do Mosteiro de San Martín Pinario, o monumento máis importante de Santiago de Compostela despois da Catedral, para inaugurarse na Semana Santa do 2019 na Capela da Madanela en Arzúa, esta capela foi antigua igrexa dun mosteiro de frades Agustinos fundado no seculo XIV, esta comunidad abandona este mosteiro a fines do seculo XVII pero a igrexa seguiu tendo culto dependendo do mosteiro de Santiago ata o seculo XIX coa desamortización de Mendizábal. Dende o ano 2006 este espacio ten un uso cultural, como esta exposición que adquire un especial sentido neste contenedor cultural no Camiño de Santiago.
Durante esta semana Santa de 2019 podremos ver neste espacio a representación de Jesús por Alberto Gulias, Mater Humildisima de Isabel Alonso, a crucifixión de Francisco Pazos, o Cristo dos navegantes de Carlos Barcón, ” Stella Maris” de Corín Cervera, as fotografías da Semana Santa de Ferrol de Roberto Marín, a escultura de Barrabás de Tino Canicoba, Maria por Violeta Bernardo, a Virxe e anxos de Xoan Vila, o monxe e Lomarti, Santa Cecilia por Novais, Iacobus por Oscar Aldonza, San Martín por Baldomero Moreiras, o anxo músico de Marta Pardo de Vera, San Juan Evangelista por Fernando Yáñez, os cofrades da Semana Santa de Alvaro de la Vega, o cuadro da procesión de venres de Dolores de Miguel Anxo Macia a procesión de Antonio Seijas e os Iconos reinterpretados de Fernando Barreira.
Esperamos contar coa súa asistencia.
Moitas gracias pola súa atención
Reciban un cordial saúdo

Cristina Carballedo Penelas
Coordinadora de exposiciones y proyectos culturales
Historiadora del Arte. ( Licenciada en Geografía e Historia)
Experto universitario en Interpretación y gestión de paisajes culturales para el Turismo y el desarrollo local
Guía de turismo especializado de Galicia ( Castellano, gallego, italiano)
Teléfono: 630 28 59 20
Página web: www.sumarte.net
Linkedin: http://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/806