O mercores 1 de xullo as sete horas terá lugar a inauguración da exposición: Bo camino, unha interpretación do Camiño de Santiago por artistas galegos. na Capela da Madanela en Arzúa. Na inauguración contaremos coa colaboración de ALBERTERIBEIRO. Esta exposición se realiza dentro das actividades de verán do departamento de cultura do Concello de Arzúa.A Capela da Madanela foi a igrexa dun antigo mosteiro de frades agostiños, fundado no século XIV. A finais do XVII a comunidade foise para Santiago de Compostela, quedando abandonado o mosteiro de Arzúa, do que actualmente non se conserva nada. A capela, sen embargo, continuou aberta ao culto baixo a xurisdición do mosteiro de Compostela, deixando de depender deste coa desamortización de Mendizábal. Desde fai anos ten uso cultural.Nesta exposición, na que o espacio lle confire un sentido o estar no Camiño francés, podremos acercarnos o Camiño de Santiago a través da obra pop de Jorge Agra, os tellados de Compostela de Abel Barandela, a peregrina descansando de Violeta Bernardo, os peregrinos de Tino Canicoba, Luis de las Cuevas, Antonio Souto, Tesedeiro e Laureano Vidal, a peregrina de Novais, as botas do caminante de Lomarti, a chegada o Obradoiro de Miguel Anxo Macia, a obra de Fernando Pereira, a praza de Platerias de Peña Romay, a poesía de Rebeca Novo e Baldo Ramos, a paisaxe de Fisterra de Antón Sobral, o camino de Xer Refojo, a paisaxe prehistórica de Veiras Manteiga, as esculturas de Honorio e Xoan Vila e a reflexión de Fernando Yáñez.
Esperamos contar coa súa asistencia.
Moitas gracias pola súa atención.
Reciban un cordial saúdo.
—
Cristina Carballedo Penelas
Coordinadora de exposiciones y proyectos culturales
Historiadora del Arte. ( Licenciada en Geografía e Historia)
Experto universitario en Interpretación y gestión de paisajes culturales para el Turismo y el desarrollo local
Guía de turismo especializado de Galicia ( Castellano, gallego, italiano)
Teléfono: 630 28 59 20Página web: www.sumarte.net
Twitter: @CristinaSumarteLinkedin: http://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/806
Miembro colegiado y personal de la directiva de la SEHAG. Colegio oficial de Doctores y Licenciados en Filosofia y Letras y en Ciencias de Galicia
Socia de Proturga ( Asociación de profesionais de Turismo )