O venres 20 de xullo as 19 horas terá lugar na Capela da Madanela en Arzúa, a inauguración da exposición :» Coa semántica na Arte» de Seijas
Este artista licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, está especializado na abstracción con técnicas mixtas e formatos medios e grandes. A súa obra é moderna, conceptual e de forte contido semántico. Durante anos compaxinou a sua labor docente coa traxectoria artística, presentándose a súa obra recentemente na Casa Museo Mª Pita e no Clun financiero da Coruña.
….na continuación da man
onde nace o signo
é onde sae o símbolo;
…..de aquí o gráfico.
Tan antigo
como nós mesmos,
porque mana da nosa persoa
covértendose na cara B
da nosa conciencia,
disposto sempre
para guiarnos
ou conducirnos ao engano,
é o trazo en si.
Trazo no que todos
nos apoiamos,
amparados e guiados
polo instinto
que nos move a crear algo,
a facer algo
á arte en si.
F.Seijas
Esperamos contar coa súa asistencia.

Cristina Carballedo Penelas
Coordinadora de exposiciones y proyectos culturales
Historiadora del Arte. ( Licenciada en Geografía e Historia)
Experto universitario en Interpretación y gestión de paisajes culturales para el Turismo y el desarrollo local
Guía de turismo especializado de Galicia ( Castellano, gallego, italiano)
Teléfono: 630 28 59 20
Página web: www.sumarte.net
Linkedin: http://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/806