Home
Invitación. Bo Camiño. 1 de agosto Arzúa.
O martes 1 de agosto as 19 horas terá lugar na capela da Madanela en Arzúa, a inauguración da exposición Bo Camiño, na que contaremos coa colaboración de AlberteRibeiro.
Atendendo á propia historia do espazo expositivo, emprazado nun lugar emblemático do Camiño de Santiago ao seu paso por Arzúa,  presentamos unha exposición multidisciplinar de artistas galegos na que o fío condutor é : a idea, a inspiración, o concepto do Camiño de Santiago. Cada un dos artistas participantes  elixe unha obra da súa traxectoria na que para eles está representado o concepto ou o espíritu do Camiño de Santiago.  Unha obra acompañada dun texto persoal de cada artista sobre a súa percepción sobre o  Camiño , co que se pretende invitar o visitante a reflexión
Son moitas e diversas as motivacións persoais para realizar e interpretar o Camiño de Santiago. De igual forma son distintas e múltiples as percepcións que podemos ter sobre esta experiencia. A idea final é construír unha imáxe contemporánea do Camiño a través da obra de artistas galegos. Con esta mostra, ponse en valor un espazo expositivo con valor histórico e patrimonial e a obra de artistas galegos que a través das súas obras abren unha porta para o coñecemento e divulgación da nosa arte máis actual.
A capela  da Madanela foi a igrexa dun antigo mosteiro de frades agostiños, fundado no século XIV. A finais do XVII a comunidade foise para Santiago de Compostela, quedando abandonado o mosteiro de Arzúa, do que actualmente non se conserva nada. A capela, sen embargo, continuou aberta ao culto baixo a xurisdición do mosteiro de Compostela, deixando de depender deste coa desamortización de Mendizábal.O primitivo retábulo, datado no século XVI, era todo de pedra, e só se conserva del a predela, ubicada, actualmente, no lugar que se cre ocupaba antaño. Atópase na Rúa Cima do Lugar, no tramo urbano do Camiño de Santiago, foi reinaugurada, como sala cultural, o día 21 de xuño de 2006, coa exposición itinerante de Maruxa Mallo “A transgresión feita muller”.
A exposición permanecerá aberta ata o 31 de agosto
Esperamos contar coa súa asistencia
Reciban un cordial saúdo.


Cristina Carballedo Penelas
Coordinadora de exposiciones y proyectos culturales
Historiadora del Arte. ( Licenciada en Geografía e Historia)
Experto universitario en Interpretación y gestión de paisajes culturales para el Turismo y el desarrollo local
Guía de turismo especializado de Galicia ( Castellano, gallego, italiano)
Teléfono:
630 28 59 20

Página web: www.sumarte.net

Twitter: @CristinaSumarte

Linkedin: http://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/806

Miembro colegiado  y personal de la directiva de la SEHAG. Colegio oficial de Doctores y Licenciados en Filosofia y Letras y en Ciencias de Galicia
Socia de Proturga ( Asociación de profesionais de Turismo )

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s