
Desde a antigüidade, son numerosos os exemplos da representación da imaxe animal na historia da arte: as pinturas rupestres. as artes figurativas exipcias…Representacións,todas elas, que nos permiten reflexionar sobre a relación do home coa natureza. É así como os artistas referenciados afrontan na súa traxectoria o mundo animal desde distintas perspectivas: Paco Pestana. Edu Valiña e Alvaro de la Vega incorporan as súas vivencias persoais ; Lomarti, Noa Persán, Jorge Agra e Xavier Magalhaes afrontan o tema desde a crítica social; Iago Eireos desde a descontextualización; Alberto Gulias desde a estética; Jose Reigosa, Peter Schneider e Pedro Gª Losada desde o foco dunha cámara; Paulo Neves, Julio Sanjurjo e Nicolás González Aller dunha forma naturalista; Camilo Seira desde a ternura; Oscar Aldonza e Xoan Vila desde o primitivismo; Jorge Espiral e Seara desde o humor e Enrique Tenreiro desde a abstracción.
Salientamos, por tanto, este espacio expositivo MIHL creado a partir dunha paisaxe agraria e industrial, FRIGSA, polo que significa como valor identitario da sociedade, como memoria viva do pasado e como un elemento patrimonial importante para a historia da cidade. E por esto como a intervención nestes espacios dos artistas en calquera das súas manifestacions pero aínda máis cando se trata de representacións plásticas e literarias, é determinante para calificalo como paisaxe cultural.Por esto nesta exposición o contenedor cultural e o contido son un todo, nun proxecto no que se pon en valor o pasado e presente deste espazo a través das distintas lecturas da figura animal no panorama artístico contemporáneo galego.Esperamos contar coa súa asistencia
Moitas gracias pola súa atención
Reciban un cordial saúdo

Cristina Carballedo Penelas
Coordinadora de exposiciones y proyectos culturales
Historiadora del Arte. ( Licenciada en Geografía e Historia)
Experto universitario en Interpretación y gestión de paisajes culturales para el Turismo y el desarrollo local
Guía de turismo especializado de Galicia ( Castellano, gallego, italiano)
Teléfono: 630 28 59 20
Página web: www.sumarte.net
Linkedin: http://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/806