O xoves 8 de setembro as 20 horas inaugurarase na Casa Museo Casares Quiroga en A Coruña a exposición : » Arquitecturas» de MILA VAZQUEZ No acto de inauguración servirase ALBERTE RIBEIRO cortesia de bodegas Nairoa, esperamos contar coa súa asistencia.Esta mostra, coordinada por Cristina Carballedo, permanecerá aberta ata o 30 de setembro.
Arquitecturas é o titulo desta colección coa que a a artista Mila Vázquez se presenta de forma individual, na Casa Museo Casares Quiroga, na cidade Herculina. Artista intimista, conta máis de 20 anos de traxectoria forxada en numerosas exposicions individuais ou colectivas como: » Illados» no castelo de Santa Cruz( cadro que representa esta exposición), » Los ojos de Ulises» na Fundación Exponav en Ferrol, o Salón internacional de otoño en Sarria, » Atlanticos» na Republica das artes en Vila Nova de Cerveira, » Vestixios» no Centro Cultural Marcos Varcalcel en Ourense, «100 titulos» no Forum Cultural Vilanova de Cerveira, » Espazos interpretados» e a colectiva quinto aniversario nos espacios de arte Virxe da Cerca, entre outros moitos proxectos.
A contemplación da súa obra nos remite inmediatamente ao realismo americano do seculo XX, un estilo que fai seu creando unha lenguaxe propia e persoal no que a arqutectura é a protagonista: Fabricas, paisaxes industriais, madereras, arsenais, estacions, espazos interpretados nos que a figura humana non aparece representada pero está presente nos seus vestixios, nas súas pegadas. É precisamente esta interpretación da arquitectura, a súa observación da paisaxe e natureza, e unha especial sensibilidade no tratamento da luz (clara influencia dos impresionista ) o que fai que encontremos na obra de Mila Vázquez unha inusual beleza, en paisaxes cotiás propios da cronica urbá

Cristina Carballedo Penelas
Coordinadora de exposiciones .Historiadora del Arte
Teléfono: 630 28 59 20
Página web: www.sumarte.net
Linkedin: http://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/806