O mercores 2 de decembro tivo lugar a inauguración da exposición: Os ollos das palabras de Baldo Ramos e Caxigueiro nos espacios de arte Virxe da Cerca. No transcurso da inauguración puidemos disfrutar dun recital de poesia.Esta exposición faise no marco dun convenio entre Pousadas de Compostela e a coordinadora de exposicions Cristina Carballedo.
Baldo Ramos cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1994, na que tamén cursa o Doutoramento en Literatura Española e Hispanoamericana. Comeza a pintar dunha maneira espontanea e como consecuencia da sua poesia.Ten recibido os premios literarios Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Concello de Carral, María del Villar Berruezo, Ciudad de Tobarra, Arcipreste de Hita ou Fiz Vergara Vilariño, entre outros; e no ámbito da plástica, o accésit do XV Certame Galego De Artes Plásticas Xuventude, nas modalidades de pintura e debuxo. A sua obra poetica ten sido recolllida en distintas antolóxicas e a súa obra plastica presentada en numerosas galerias, ferias e museos.
Son numerosos os seus libros publicados en solitario e en coautoria como : Os ollo das palabras con Caxigueiro que se presentou no ano 2012 na Cidade da Cultura e que agora da lugar a esta exposición que se presenta en Santiago de Compostela, e do que escoitamos uns poemas no trancurso da inauguración.
Relación nos medios:
Asociación de escritores e escritoras en Lingua galega.
19 de decembre. Entrevista en Radio Voz.
Es Radio Galicia.
La Voz de Galicia
Preencia diaria en las Redes Sociales.

Cristina Carballedo Penelas
Coordinadora de exposiciones .Historiadora del Arte
Teléfono: 630 28 59 20