Home

Invitación FOGA 3 de decembro

cartel 2 (2)

O xoves 3 de decembro as 20 horas terá lugar no Pazo de Fonseca da USC en Santiago de Compostela  a inauguración da exposición conmemorativa da creación do grupo artistico FOGA no ano 1975. Está exposición permanecerá aberta ata o 7 de enero de 2015 en horario de lunes a sabado de 11.00 a 14:00 horas e de 17.00 a 20:30 horas.

O FOGA (Fato Ounirista Galego) dáse a coñecer coa súa primeira exposición o 7 de febreiro de 1975,  na Escola de Artes, Mestre Mateo, de Santiago de Compostela. Integran este primeiro grupo: Yayo, Kukas y J. Méndez e o seu obxectivo é a difusión da arte no convencional por toda Galicia. Ingresan deseguida no grupo; Anselmo Lamela e  Luis Fega cos que expoñerán en Cedeira, pouco despois únense Doro e J. Garcia expoñendo de forma conxunta o 11 de xuño do mesmo ano na sala de exposicións de ANUE en Santiago.

Aquí aparece un formato de obra colectiva, unha soa peza tridimensional é elaborada por tódolos compoñentes na mesma sala de exposicións, outra novidade reside nos títulos, nos que, algún escolle poemas, outros frases de libros, e incluso deseños transferidos de revistas.

Trala mostra de Vilaxoán (setembro -75), xuntaranse outros artistas como, Francisco Leiro, Lino Silva e Seara, decídese entón manter unha mensaxe menos “onírica” por no coincidir o surrealismo co estilo de cada un e faise mais fincapé na individualidade ligada ó grupo e que sobre todo pretende a unión entre tódalas manifestacións da arte, así figuran outras personalidades, xa dende o principio, como Manuel Hermida (cantautor), ou Gabriel del Castillo, (dramaturgo) ao que hai que engadir o carácter polifacético dalgúns dos seus integrantes que acabaría cristalizando na mostra do Colectivo Tornillo a finais de 1982 no Modus Vivendi de Santiago, para a que se interveu todo o espazo, dende as mesas que imitaban paquetes postais personalizados por cada artista ata o teito no que se realizaron composicións abstractas.

Incorpóranse a este evento Rosalía Pazo, María Coira, Isabel Rei, Dolores Seoane, Antonio Nodar. Entre as actividades expositivas incluíanse sesións de mimo, recitais poéticos, musicais e performances interactivas nas que se executaban obras que eran despois entregadas ó público.

Poden ver máis información do FOGA  no blog:  fatoounirismofoga.wordpress.com

Cristina Carballedo Penelas
Coordinadora de exposiciones .Historiadora del Arte
Teléfono:
630 28 59 20
Página web: www.sumarte.net
Twitter: @CristinaSumarte
Miembro colegiado de la SEHAG. Colegio oficial de Doctores y Licenciados en Filosofia y Letras y en Ciencias de Galicia

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s