Home
Imágenes
A exposición Allarizé de Fernando Barreira clausurarase o xoves 24 de setembro  de 2015, con máis de 7000  visitantes desde a súa inauguración o 11 de agosto no novo espacio cultural: A paneira en Allariz.  O artista, recrea plástica e escultoricamente feitos fundamentais da identidade deste concello: Xan de Arzúa, Doña Violante o a revolta de Allariz

A exposición pode visitarse ata o xoves en horario de luns a xoves de 12 a 14  hora  e o mercores e xoves tamén en horario de tarde: 18 a 21 horas- Máis información no seguinte enlace: Allarizé

Poden descargar o catálogo da exposición no seguinte enlace: Catálogo de Allarizé. 

La exposición Allarizé de Fernando Barreira se clausura el jueves 24 de septiembre con más de 7000 visitantes des su inauguración el 11 de agosto en el nuevo espacio cultural : A Paneira de Allariz,. El artista recrea plásticamente y escultoricamente hechos fundamentales de la identidad de este ayuntamiento. Xan de Arzúa, Doña Violante y la  revolta de Allariz.

La exposició n puede visitarse hasta el jueves en horario de lunes a jueves de 12  a 14  horas y el  miercoles y jueves también en horarrio de tarde: 18 a 21 horas Más información en el siguiente enlace  Allarizé


Pueden descargar el catálogo de la exposición en el siguiente enlace. Catálogo de Allarizé

Allarize, é o novo proxecto expositivo que de forma especifica presenta o artista Fernando Barreira no histórico concello de Allariz, nomeado “Chave do Reino de Galicia” Sancho IV. Unha mostra, definida polo artista como: unha revisión gráfica das formas e maneiras de crecer eticamente, historias nas que todos queremos estar.

É esta, unha interesante exposición concibida como unha narración de feitos que marcaron a historia e entidade desta Vila que recibe o nome dos Suevos, Vila Alaricii. Unha homenaxe plástica a este rico concello, que dende o ano 1971 posúe a declaración de conxunto histórico artístico. Son moitos os seus valores, como ter o maior claustro Barroco de España, que se encontra no Real Mosteiro de Santa Clara; ter sido residencia de Reis Medievais como Alfonso X ou intelectuais comoVicente Risco. Pero sen dúbida algúns dos feitos máis relevantes da súa historia contemporánea foi: A revolta de Allariz no verán do ano 1989.

A Revolta de Allariz ten como epicentro os acontecementos sucedidos o verán do 89 no rio Arnoia, o eixe vertebrador desta vila xa dende época Castrexa. Uns feitos decisivos na politica e con iso a historia máis recente dos Alaricos. Anxo Quintana, Moncho Bouzas, Garda Civil, Veciños e Veciñas, alcalde, corporación, jovenes, todos eles representados en dúas dimensións cunha exquisita sensibilidade, psicologia e veracidade por Barreira. A xeito das columnas historiadas dos Romanos, ou os cadros historicistas do século XIX, Fernando é capaz de, sen perder en ningún instante un ápice do seu persoal estilo, inmortalizar cos seus pinceis esta Revolta que trouxo ao poder ao BNG dende hai máis de 25 anos.

Se esta Revolta foi un dos sucesos máis importantes do século XX en Allariz, A festa do Boi é un dos feitos máis importantes do século XIV. No ano 1317 Xan de Arzúa, un fidalgo montado nun boi o dia da procesión do Corpus enfrontouse aos judios que aproveitaban ese dia para enfrontarse aos habitantes de dentro de murallas. Dende ese dia, esta representación converteuse nunha tradicción centenaria ata o 1936, recuperandose dende o 1983 ata os nosos dias. Unha vez máis Barreira plasma na súa pintura coma se dun retablo barroco se tratará, estes acontecementos.

Será a escultura, non obstante, a disciplina elixida para render homenaxe a Doñá Violante de Aragones, esposa de Alfonso X, educado en Allariz Vemos entón como este personaxe histórico cobra vida nunha escultura monumental, formato co que o Fernando se sente especialmente cómodo.

É asi como o artista cunha esplendida documentación e rigor, nos ofrece unha visión, a través da súa iconografía persoal, de feitos históricos determinantes para a historia desta Vila milenaria. E faino en arquitecturas fidalgas reconvertidas en museos, dentro dun traballo rehabilitador grazas ao cúal recibiu o Premio Europeo de Urbanismo 1994.

O meu agradecemento ao Concello de Allariz, aos distintos axentes culturais e sociais que colaboran neste proxecto e especialmente a Fernando Barreira por invitarme a presentar este proxecto nestes emblemáticos espazos.

Cristina Carballedo Penelas
Comisaria Allarize


Cristina Carballedo Penelas

Coordinadora de exposiciones .Historiadora del Arte
Teléfono:
630 28 59 20

Página web: sumarte.wordpress.com

Twitter: @CristinaSumarte

Linkedin: http://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/806

Miembro del Consejo Internacional de expertos de Womenalia: http://www.womenalia.com/es/experts/w/mocristina
Miembro colegiado de la SEHAG. Colegio oficial de Doctores y Licenciados en Filosofia y Letras y en Ciencias de Galicia
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s