Home
Cartel  Ribeira Sacra
A Sección de Historia da Arte (SEHAG) do Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía, Letras e Ciencias de Galicia (CDLG), ten o pracer de convidarvos á segunda «Conversa do CDLG» que terá lugar esta fin de semana, o sabado 9 de maio 2015

Pretendemos que as «Conversas do CDLG» se convirtan nunha cita mensual, aportando deste xeito un espazo para o encontro entre historiadores da arte e profesionais doutras disciplinas integradas no colexio para interactuar, intercambiar experiencias e dar a coñecer proxectos actuais de interese nun ambiente distendido polo que estaríamos encantados de contar coa vosa presenza.

A segunda destas conversas estará a cargo de Lucía Pereira Pardo, investigadora en Ciencias da Conservación da USC, que fará unha parada no CDLG antes do seu traslado á Universidade de Cambridge para integrar un equipo técnico que traballa na análise de códices iluminados mediante técnicas non invasivas no Museo Fitztwilliam. A conversa “Cores que agardan debaixo das cales. Unha aproximación científica á pintura mural d’A Ribeira Sacra”, ten por obxectivo a difusión dun patrimonio galego todavía moi descoñecido que formou parte da súa mediática tese doutoral que desenvolveu no proxecto multidisciplinar na USC: “Avaliación de riscos da pintura mural da Ribeira Sacra”. No marco daquel proxecto investigáronse os axentes que ameazan a conservación do abundante e valioso patrimonio mural desta rexión galega aplicando metodoloxías de avaliación de riscos innovadoras. Unha vez rematada a presentación, ofreceremos un viño, cortesía de «Alberte Ribeiro», para intercambiar impresións sobre o proxecto.

Agardamos que poidades vir a compartir un rato con nós este sábado 9 de maio ás 12 h. e de paso, para os que aínda non estivestes por alí, coñecer a sede do colexio no número 30 da Rúa San Clemente en Compostela. Como o aforo é limitado, recomendámosvos reservar un lugar respondendo directamente a este correo electrónico. sehag@cglg.es

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s