Home

Inviitación Solana.jpg

Dende a directiva da Asociación Profesional  de Historiadores de Arte de Galicia  informamos que  esta Asociación disolvese para crear a Sección de Arte no Colexio de Filosofia y Letras por este motivo organizamos a conferencia impartida por D. Guillermo Solana director artístico del  Museo Thyssen-Bornemisza que  falará de: ” A Historia de Arte na sociedade en rede.Novos retos novos perfis”. Esta conferencia terá lugar o día 18 de marzo as 19:30 horas no Salón noble do Colexio de Fonseca.

 

En plena era da comunicación, a historia da arte debe reformular a maneira de facer chegar ao público os seus estudos e investigacións. É necesario reflexionar sobre a conveniencia de redefinir a forma de transmitir os discursos e dunha precisa revisión dos contidos. Adaptar ou redefinir, cambiar o formato o ou tamén os contidos, suma o substitución, son algunhas das claves que nos axudarán a entender como difundir o patrimonio artístico na sociedade dixital.

 

O vindeiro 18 de marzo trataremos de analizar estas novas circunstancias cun encontro entre Marta Lorenzo, community manager no MNCARS, e Guillermo Solana, director artístico do Museo Thyssen-Bornemisza, baixo o título de Museos e redes sociais. Acto seguido o Dr. Solana impartirá unha charla na que, en base ao seu proxecto #Thyssen140, dará resposta a estas e outras cuestións: como achegar os contidos da historia da arte a unha nova sociedade da comunicación, da interconexión en rede, cales son eses novos perfís e que relación teñen cos anteriores. En definitiva, cales son os retos aos que dar solución.

 

Guillermo Solana

 

Doutor en Filosofía e Profesor Titular de Estética na Universidade Autónoma de Madrid. Foi crítico de arte e autor de diversas publicacións sobre historia da crítica. Dende o ano 2005 desempeña o cargo de director artístico do Museo Thyssen-Bornemisza, onde comisaría, entre outras exposicións “Van Gogh: los últimos paisajes” (2006), “Lágrimas de Eros” (2009), “Heroínas” (2011), “Antonio López” (2011), “Pissarro” (2012), así como a exposición actual no museo, “Cézanne site/non-site”.

Marta Lorenzo Jáudenes

 

Historiadora da arte pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Mercado da Arte e empresas relacionadas pola Universidade Antonio de Nebrija. Traballou na Galería Soledad Lorenzo e coordinando proxectos en LaAgencia. Arte + Tecnología, entre eles, a organización de tres edicións do Premio ARCOmadrid/BEEP de Arte Electrónica. Ademais, ten participado como Guest Blogger na plataforma online ARCO Bloggers, dentro do programa da Feira ARCOmadrid, sendo o seu post “¿Cómo acercarse al arte contemporáneo?” o máis lido de toda a plataforma. Na actualidade, escribe como blogger no blog de Laboral Centro de Arte e Creación Industrial (Xixón) e traballa no Departamento de Programas Virtuais do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía como Community Manager.

 

En canto ao seu blog, My Art Diary, nace coa idea de aportar unha visión distinta e fresca das exposicións de arte contemporánea e achegar, dunha maneira amena e sinxela, o apaixonante mundo da Cultura 2.0

Cartel Solana.jpg

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s