La exposición Illados que se inauguró en el Castillo de Santa Cruz el dia 5 de julio ha recibido en este mes 1200 visitantes. La clausura de la exposición será el 28 de agosto.
Relación de medios:
ILLADOS
5 de xullo- 28 de agosto
Castelo de Santa Cruz. Oleiros. A Coruña
Horario: de luns a venres: 10:00 a 14:00/18:00 a 21:00
Sábados de 11:00 a 14:00
ILLADOS é un proxecto coral no que máis de vinte artistas galegos interveñen nos espacios expositivos do Castelo de Santa Cruz, cunha exposición no que o fío conductor é o mar e a nosa natureza.
Achegámonos así a través do relato contemporáneo ao mundo marítimo nun enclave privilexiado, nun espazo que forma parte da historia da Coruña desde o século XVII e que, despois de distintos usos acolle agora o CEIDA, que coordina, dinamiza e promove a educación ambiental en Galicia.
Pintores, fotógrafos e escultores presentan unha obra específica para esta exposición cun nexo de unión: o mar e o seu hábitat. Estes artistas representan este sinal de identidade de Galicia con iconos recoñecibles a través dunha lectura persoal e emotiva da natureza. En moitas das pinturas e fotografías podemos ver unha fibra sintética que capta a fugacidade do instante a través da luz e a cor. As esculturas que se presentan interpretan, igualmente, aspectos da natureza que nos rodea desde una perspectiva artística.
Todos os artistas teñen unha traxectoria moi recoñecida e consolidada. Desta forma podemos contemplar durante dous meses a visión e interpretación persoal da natureza a través da nova figuración nos óleos de Alexandro, no surrealismo do artista Paco Pestana ou na forza de Paulo Neves, Ramón Conde e Soledad Penalta en tres dimensións.
Igualmente achegámonos ao mar a través do realismo na pintura de Guerreiro, Méndez, Mila Vázquez e Simion Craciun; na experimentación cos materiais de Julio Sanjurjo, Rivero de Aguilar, e Andreas Ruíz; ou no humor a través da arte de Jorge Espiral e Fernando Barreira.
Veremos a visión do noso hábitat a partir da abstracción de Masíá, Xaquín Chaves, Magalhaes, Isabel Pintado e Ángel Caballero; da perspectiva fotográfica de Edu Valiña e Xabier Carrasco. Tamén poderemos contemplar as referencias á iconografia galega de Buciños, Francisco Pazos e Luis de las Cuevas e a calidez da madeira na escultura de Lomarti, Enrique Tenreiro e Camilo Seira. Finalmente achegarémonos á nosa natureza a través da sutileza da pintura de Seara e a creatividade de Alberto Gulías.
Cristina Carballedo
Comisaria de Illados
Enderezo eletrónico: cristina.carballedo@gmail.com
Tfno: 630-28 -59 -20
Páxina web: sumarte.wordpress.com
|