Home

 

Cuentos nuevos Libros de agua 2 Reconstruccion Dia de primavera El tiempo en el agua 2 Paisaje rojo Libros de agua                                                             Libro florIsabel Pintado2El tiempo en el aguaPaisaje amarilloSoledad Penalta 5Soledad Penalta e Isabel Pintado 3 Soledad Penalta e Isabel Pintado 4

Estas cuatro últimas obras son una obra conjunta entre Soledad Penalta e Isabel PintadoSoledad Penalta e Isabel Pintado1

 

 

A acollida ofrecida pola dirección para este proxecto artístico nunha casa tan vencellada á cidade dende hai séculos, sérvenos para reivindicar a necesidade de novos espazos expositivos, fóra dos circuítos oficiais, e ó mesmo tempo privilexiar lugares emblemáticos de Compostela.

 

Hoxe, aquí, atopamos a virtude da colaboración no contexto artístico, actualmente tan escasa, e desexamos que este magnífico xesto teña continuidade tamén noutros ámbitos.

 

A pesares da visión subxectiva que cada unha destas creadoras posúe do ser humano e do mundo que o rodea, as dúas comparten a mesma sensibilidade que se reflicte nestes cinco traballos comúns nos que a nosa percepción será diferente segundo sexa a hora do día ou a meteoroloxía dominante.

 

Así, partindo de campos distintos, a escultora noiesa Soledad Penalta, e a pintora e gravadora madrileña Isabel Pintado, xa afincada na nosa terra, dende 1991, formaron un tándem para convidarnos a contemplar varias obras nas que esa unión frutificou e onde as letras ausentes ou presentes cobran vida.

 

A importancia que ten o poder da palabra e a figura humana no traballo de Soledad, que dobrega ese metal que contén toda a súa forza telúrica chegada de tempos prehumanos, para convertela en espirais e múltiples formas rotatorias establecendo un expresivo diálogo entre as esculturas que constrúen neste lugar o seu propio espazo, para a percepción e a memoria.

 

A súa rotundidade e potencia combínanse de forma máxica coas teas e a pintura de Isabel, nas que predomina unha poética que nos fala de brillantez, serenidade e lixeireza, dun paraíso perdido que nos remite a liturxias orientais, e a libros en branco para encher cos soños, mediante a harmonía de múltiples e ricas cores para manter o espírito observador e analítico, facendo visíbel ese anhelado desexo de asaltar o ceo.

 

Esta unión de contrastes xera novos paradigmas de loita contra a opresión, a intolerancia e a hipocrisía, porque despois de escoitarse mutuamente, estas artistas revelan tanto no seu traballo conxunto como no individual, un feito universal: que a Arte é a Vida.

 

 

Moitas grazas por acompañarnos nesta tardiña.

 

Pepa Cerviño.

 

Para más información pueden enviar un correo a cristina.carballedo@gmail.com o llamar al 630 28 59 20.

Invitación SP-IP

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s